Casar de Cáceres
Casar de Cáceres
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (4.753 h [1996]), situado ao N da cidade de Cáceres, na conca do río Almonte. A súa economía baséase principalmente na agricultura, na gandería e nunha certa actividade industrial que abrangue construcións metálicas, madeira e industrias alimentarias.