Casares Gil, Antonio

Casares Gil, Antonio

Botánico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1894), ingresou posteriormente no Instituto de Higiene Militar onde ideou un novo método de tinxidura de cilios de bacterias. Foi a París, Berlín e Londres para estudar a vacina antitífica que aplicou nas campañas militares españolas en Marrocos. Traballou en distintos laboratorios botánicos europeos, principalmente en Alemaña e Inglaterra, e abordou o estudo dos briófitos peninsulares. En 1928, despois de acadar o grao de coronel médico, trasladouse á Coruña como director do Hospital Militar. Publicou o libro Flora Ibérica. Briófitos (1919), dedicada ás hepáticas, e en 1932 editouse, postumamente, o segundo volume desta obra dedicado aos mofos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : A Coruña