Casaroli, Agostino
Casaroli, Agostino
Eclesiástico italiano. Ordenado sacerdote en 1937, durante o pontificado de Xoán XXIII realizou misións diplomáticas nos antigos países socialistas da Europa do Leste. Nomeado por Paulo VI secretario da Congregación para os Asuntos Extraordinarios en 1967, converteuse nun partidario decidido da Ostpolitik vaticana. Xoán Paulo II nomeouno secretario de estado e prefecto do Consello para os Asuntos Públicos da Igrexa. Foi ordenado cardeal en 1979. En 1990 cesou no primeiro destes cargos e substituíuno Angelo Sodano.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castel San Giovanni, Piacenza