Casas

Casas
  1. [ONOM]

    Forma plural correspondente ao apelido Casa. Documéntase no s XVI: “Juan de Casas” (doc ano 1507 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 278).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, cinco roques de goles, en aspa; bordo largo de azul, con oito cabezas de aguia, de ouro, sangrantes, como degoladas.