Casas Barros, Antonio

Casas Barros, Antonio

Actor. Comezou estudios de mariña mercante e dedicouse profesionalmente ao fútbol. Posteriormente, desempeñou diversos traballos ata que en 1941 entrou en contacto co cine a través dun papel na produción de Suevia Films Unos pasos de mujer, dirixida por E. Fernández-Ardavín. Interveu en 150 filmes e a súa última participación foi en Hijos de papá (1980), de Rafael Gil. Paralelamente, desenvolveu unha sólida carreira teatral desde 1945. Nos anos sesenta e setenta realizou todo tipo de papeis nun gran número de coproducións como Chimes at Midnight (Badaladas á media noite, 1966), de Orson Welles, e papeis protagonistas, sobre todo a partir da súa interpretación en Nunca pasa nada (1963), de Juan A. Bardem, pola que obtivo o premio ao mellor actor dese ano do Sindicato Nacional del Espectáculo. Nesta época tamén traballou ás ordes de varios directores, como Sergio Leone, no filme El bueno, el feo y el malo (1965), Luis Buñuel, en Tristana (1969), Pedro Olea, Mario Camus e Vicente Aranda.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid