Casavieja

Casavieja

Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao S da provincia, no val do río Tiétar, nos límites con Toledo (1.679 h [1996]). A actividade económica principal era a gandería e a agricultura, sen embargo, co tempo adquiriu grande auxe o sector turístico. Dentro do termo está o parque de Fuente Helecha, no cumio de Las Clavellinas, onde os piñeiros, carballos e aciñeiras son o principal tipo de vexetación. Do seu patrimonio destacan as esculturas ibéricas de Los Toros de Guisando.