Cascais

Cascais

Cidade de Portugal, no distrito de Lisboa, ao O do cabo da Roca (10.558 h). Tradicionalmente foi un centro pesqueiro, pero hoxe en día é un dos destinos turísticos máis importantes do país. Os principais lugares de interese son as praias e os balnearios de augas termais. Desde 1870 converteuse no centro de veraneo dos reis de Portugal e, despois de que en 1910 se abolise a monarquía, do presidente da República. A industria céntrase na explotación de hulla e de mármore. Foi un importante porto de partida para os navegantes durante a época dos descubrimentos. Poboada polos árabes e romanos, os seus restos localízanse nas poboacións circundantes de Alcoitão e Alcabideche.