Case, Steve

Case, Steve

Empresario norteamericano. Graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de Massachusetts. Traballou na empresa Procter & Gamble e foi conselleiro de Pizza Hut. En 1983 adquiriu Control Video Corporation, que logo rebautizou como Quantum Computer Services. A partir dese momento desenvolveu acordos coas principais compañías informáticas, Commodore, Apple, Tandy e IBM, para difundir información a través dunha rede especial. En 1991 a súa empresa modificou o nome polo de America OnLine (AOL), compañía provedora de acceso a Internet, propietaria da Netscape Corporation e do Netscape Navigator.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Honolulu, Hawaii