Casella, Alfredo

Casella, Alfredo

Compositor e director de orquestra. Iniciouse musicalmente con Martucci e Bazzini e posteriormente realizou estudios musicais en París, onde aprendeu piano con Diémer e composición con Fauré. Exerceu a docencia no conservatorio de París e anos máis tarde no de Santa Cecilia de Roma. Foi o fundador da Sociedade Italiana de Música Moderna. É autor, entre outras, das óperas La donna serpente (A muller serpe, 1931) e La Favola d’Orfeo (O mito de Orfeo, 1932); do ballet La Giara (1924) e Scarlattiana (1926); e de obras teóricas Il pianoforte (O pianoforte, 1937) e La tecnica dell’orchestra contemporanea (A técnica da orquestra contemporánea, 1950). Publicou libros sobre diversos compositores, como Bach e Stravinsky, un libro de memorias, e editou obras de Monteverdi, Beethoven, Vivaldi e Clementi.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Turín

  • Deceso

    Lugar : Roma