Casement, Roger David
Casement, Roger David
Diplomático irlandés. Traballou para a administración colonial (1892-1912) como cónsul británico en diversos lugares de África e Brasil. Durante estes anos enviou informes nos que criticaba as inhumanas condicións de traballo dos indíxenas. En recoñecemento polo seu labor recibiu no ano 1911 un título nobiliario. A partir de 1913 afiliouse ao grupo independentista dos Voluntarios Irlandeses e, iniciada a Primeira Guerra Mundial, foi a Berlín para obter axuda dos alemáns. En 1916 embarcou nun submarino alemán cara a Irlanda, acompañado dun barco cargado de armas. Capturado polos ingleses, levárono a Londres e acusárono de traizón. Fracasada a campaña para revogar a sentencia, morreu aforcado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dun Laoghaire -
Deceso
Lugar : Londres