Casiodoro, Flavio Magno Aurelio

Casiodoro, Flavio Magno Aurelio

Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía), incluída no tomo VI do Patrologiae cursus (Curso de patroloxía), de Migne.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Squillace, Calabria