Casola do Foxo

Casola do Foxo

Anta situada no concello de Maus de Salas que forma, xunto coa Casiña da Moura, a necrópole de Maus de Salas. Carece de mámoa e a cámara ten planta poligonal. Está formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa, que se fai máis grosa na entrada da cámara; esta ten unhas dimensións aproximadas de 2,60 m no eixe maior, 2,40 m no menor e unha altura de 1,20 m. Non posúe corredor. No transcurso das escavacións, dirixidas pola arqueóloga Eguileta Franco, atopáronse restos de vasos campaniformes decorados con liñas horizontais puntilladas. Cronoloxicamente, pertence ao Megalitismo inicial.

Palabras veciñas

Casoio | Casoio, encoro de | casoiro | Casola do Foxo | casoma | Casón | Casón