Casón

Casón
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha casa de prata, aclarada de goles. Outra variante leva, en campo de sable, un pelícano de prata, dándolle de comer a tres crías e botando pingueiras de sangue polo peito.