Casoria

Casoria

Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada a 6 km ao N da capital (84.113 h [1996]). Tradicional centro agrícola, converteuse nun núcleo de industria diversificada, acompañado da expansión das áreas residenciais obreiras.