Caspary, banda de
Caspary, banda de
[BOT]
Cada unha das bandas suberizadas que presentan as paredes radiais e transversais das células da endoderme. Ao mesmo nivel das bandas, as membranas aparecen intimamente soldadas e o citoplasma mantense estreitamente unido a elas. Isto obriga a que a auga absorbida teña que atravesar o protoplasma destas células, antes de acceder aos vasos condutores.