Casota do Páramo
Casota do Páramo
Anta situada na parroquia de Cures (Boiro) que se atopa nunha das áreas de maior densidade de megalitos. Aprécianse restos do que foi a mámoa e ten planta poligonal. Formada por sete chantas, e a tampa, só conserva unha laxe do corredor e unha das chantas. Aínda que non se teñen noticias de achados no seu interior, unha das laxes está gravada con dúas figuras, unha antropomorfa e outra circular. As análises polínicas amosaron a existencia dunha paisaxe con abundancia de gramíneas e pequenas masas arbóreas (Quercus). Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.