casqueiro -ra

casqueiro -ra

(< casca)

  1. adx

    Que é pouco profundo, aplicado normalmente ás feridas.

  2. s m

    Táboa de contorno e espesura irregulares, sacada da parte exterior do tronco, que normalmente conserva anacos da casca da árbore.

    Ex: Compraron uns casqueiros para facer unha chabola.

    Sinónimos: costaneira.
  3. s m

    Lugar no serradoiro onde se descascan as árbores ou onde se deposita a casca.

  4. s

    Persoa que lle quita a casca ás toradas ou que negocia con elas.

  5. s m

    Anaco de madeira con casca.

  6. s m

    Tronco de árbore ao que se lle quitou a parte interna que estaba podre.

  7. s m

    Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco’.

  8. s f

    Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘táboa’.

Palabras veciñas

caspirro | casposo -sa | Casque d’or | casqueiro -ra | casquento -ta | casquete | casquexar