casquete

casquete

(

  1. s m

    Peza da armadura que cobre o cranio.

  2. s m

    Peza para a cabeza de tea, coiro, etc, redonda e sen abas nin viseira.

    Ex: Levaba un casquete de plumas a xogo co traxe.

  3. s m

    Cabeleira postiza que cobre unha parte da cabeza.

  4. s m

    Parte máis ou menos esférica situada no extremo dalgunha cousa que, pola súa forma, recorda a peza da cabeza.

  5. s m

    Cartucho de metal baleiro.

  6. s m [ETN]

    Peza da roca constituída por unha especie de cartucho cunha abertura pola parte superior na que se suxeita a roca de fiar.

    Sinónimos: cartela, rocón, roquil.
  7. s m [ARQUEOL]

    Porción de esfera limitada por un plano menor ca a semiesfera e que se adoita aplicar ás estruturas dos túmulos megalíticos.

  8. casquete esférico [MAT]

    Cada unha das dúas partes en que un plano divide unha superficie esférica.

  9. [XEOG]
    1. casquete glacial

      Acumulación de xeo de grandes dimensións, principalmente nas rexións polares e nos cumios máis elevados.

    2. casquete polar

      Gran masa de xeo continua que cobre as rexións situadas nas latitudes polares.