Cassini

Cassini

Familia de astrónomos franceses de orixe italiana. Destacou inicialmente Giovanni Domenico Cassini , ao que sucedeu no observatorio de París o seu fillo Jacques Cassini (París 1677-Thury, Clarmont 1756), o primeiro que mediu o arco do meridiano dende Dunkerque ata Perpignan (1713). O fillo deste, César François Cassini de Thury (París 1714-Thury 1784) herdou a dirección do observatorio e iniciou os traballos de levantamento do mapa topográfico de Francia, labor que acabou o seu fillo e sucesor no observatorio, Jacques Dominique Cassini (París 1748-Thury 1845).