Castañeda
Castañeda
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, drenado polo río Pas (1.566 h [1996]). O sector gandeiro bovino de orientación láctea ten unha grande importancia na súa economía. O municipio conta cunha ampla superficie forestal poboada de castiñeiros e carballos. Polo que respecta ao seu patrimonio cultural, destaca a colexiata románica de Santa Cruz, de finais do s XII, que fora inicialmente mosteiro.