Castaño, Yolanda
Castaño, Yolanda
Poetisa. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Membro directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do consello editorial de Letras de Cal, colabora en diversas publicacións como Dorna e Ólisbos. Publicou Elevar as pálpebras (Premio Fermín Bouza-Brey 1994, 1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio da Crítica Española, 1998) e Edénica (2000), e participou nos volumes colectivos Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), Mulher a facer vento (1998) e Alguén agarda que volva alí (1998).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela