Castela, Reino de
Castela, Reino de
Reino constituído sobre a base do condado de Castela trala entronización de Fernando I (1037-1065). Coa vitoria do val de Tamarón (1037) sobre Beremundo III de León, reuniu por primeira vez os reinos de Castela e León que, posteriormente, repartiu entre os seus fillos. Afonso, a quen lle correspondera León, conseguiu a soberanía de Galicia no ano 1071; un ano despois, trala morte de Sancho, uniu de novo León, e coa conquista de Toledo (1085), levou a fronteira ao Tajo. Aínda así, Afonso VII volveu dividir Castela e León. A reunificación definitiva chegou con Fernando III o Santo, fillo de Berengaria de Castela e Afonso IX de León (1230).