Casteláns, Santa María de
Casteláns, Santa María de
Igrexa, non conservada, que tivo a súa orixe nun mosteiro de monxas beneditinas situado en Covelo e que recibía tamén o nome de santo Estevo. Probablemente foi construída no último terzo do s XII. Tiña unha nave, con ábsida poligonal, cuberta con bóveda de canón e arco triunfal de medio punto que descansaba sobre columnas pegadas. Tres ventás iluminaban o interior, todas de medio punto, situadas sobre columnas acobadeladas. Os seus restos están no parque de Mondariz e na capela de San Roque de Pontevedra.