Castelao, Fundación
Castelao, Fundación
Institución de carácter privado fundada no ano 1984 co fin de honrar e divulgar a memoria de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Ao mesmo tempo procura favorecer a cultura galega, especialmente as artes plásticas, a etnografía, a socioloxía, a economía, a política, a narrativa e o teatro, áreas nas que tamén se distinguiu o seu inspirador. Entre as publicacións desta Fundación cómpre salientar diversas edicións das obras de Castelao a cargo de Henrique Monteagudo De viva voz. Castelao: Conferencias e discursos (1996), de X. Amancio Liñares Giraut, O centenario de Castelao na lembranza 1986 (1997) e o Catálogo da Exposición 50 aniversario de Castelao (2000).