Castellammare di Stabia
Castellammare di Stabia
Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada no SL do golfo de Nápoles, ao pé do monte Sant Angelo (66.345 h [1997]). A súa economía baséase na industria estaleira e no sector turístico. Próxima á antiga Stabiae, destruída pola erupción do Vesubio no ano 79 d C, formouse ao redor dun castelo erixido por Federico II no s XIII e ampliado por Carlos de Anjou. Nela tivo lugar en 1284 a batalla naval de Castellammare na que foi derrotado Carlos de Anjou.