Castelli, Leo

Castelli, Leo

Galerista e marchante italiano. Diplomado en Dereito, introduciuse no mundo do comercio artístico en París antes da Segunda Guerra Mundial. En 1941 estableceuse en Nova York, onde abriu unha galería dezaseis anos despois, dende a que impulsou tendencias como a pop-art e a minimal art. Entre os artistas habituais da súa galería están Jasper Johns, Robert Rauschenberg, Andy Warhol e Roy Liechenstein, e, a partir dos anos setenta, diversos creadores novos de ámbito internacional como Miquel Barceló ou Sandro Chia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Trieste