Castelló d’Empúries
Castelló d’Empúries
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, siyuado na comarca do Empordà (4.830 h [1996]). Destacan as actividades agropecuarias (cultivos de cereais, forraxeiras e froiteiras, e a cría de gando bovino e porcino). A industria máis importante é a láctea e a principal actividade económica é o turismo. O conde Gausfred I (931-991) converteuno en capital do condado de Empúries. En 1168 establecéronse os templarios, que organizaron a encomenda de Castelló; estes foron substituídos polos hospitaleiros que se mantiveron ata 1804. A finais do s XI construíronse as murallas. A igrexa parroquial de Santa María conserva da primitiva construción, dos séculos XI e XII, o campanario da torre cadrada; o corpo principal de tres naves é dos ss XIV e XV.