Castiñeiras Isorna, Fausto
Deseñador gráfico, ilustrador e debuxante de historietas coñecido como Fausto Isorna. O seu traballo no eido do deseño vincúlase con proxectos editoriais e culturais: cartelerías e promocións para grupos de teatro como Chévere, Teatro do Aquí ou Ollomoltranvía; imaxe corporativa e divulgación da Sala Nasa; cubertas para libros e catálogos de artistas plásticos, así como discos para grupos como Milladoiro, Fuxan os Ventos ou Cristina Pato. Director artístico da revista Golfiño, creou e editou a revistas Valiundiez e Das Capital. Colaborou nos xornais El Correo Gallego e El Mundo e nas revistas Tintimán, Aula Aberta, Coordenadas. Como historietista colaborou en Aula Aberta, Tintimán, Coordenadas, Valiundiez, Das Capital, Golfiño e Animal+L, e publicou, entre outros, os libros Os viaxeiros do tempo, A irmandade dos lectores tristes, Flores dende Hiroshima e No nome da amada morta. Foi galardoado co Premio Cidade de Ourense pola súa traxectoria no ámbito da banda deseñada.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Catoira