Castle, William

Castle, William

Produtor e realizador norteamericano. Especializado nos westerns e no cine de terror, obtivo un enorme éxito coas súas producións nos anos sesenta. Dirixiu, entre outras, as películas Chance of a Lifetime (Cambio de vida, 1943), It’s a Small World (É un mundo pequeno, 1950), Charge of the Lancers (A carga dos lanceiros, 1954), The Houston Story (A historia de Houston, 1956), The Night Walker (A camiñante da noite, 1964) e Shanks (Canas, 1974).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso