Cástor
Cástor
[ONOM]
Prenome masculino mitolóxico de orixe hebrea que significaba ‘almiscre’, que se introduciu a través do grego Kástor (Kάστωρ). Presenta como variante gráfica a forma Castor. Na mitoloxía grega, Cástor é o irmán xemelgo de Pólux, chamados dióscuros ‘fillos de Zeus’. San Cástor de Coblenza (s III-IV), sacerdote en Tréveris, evanxelizou a rexión do río Mosel (Moselle) e é patrón dos marmoristas e canteiros. San Cástor de Apt (s V), bispo desta cidade occitana, fundou un mosteiro na Provenza. Na iconografía, os dióscuros visten túnica branca e clámide de púrpura, gorro lacedemonio e lanza nunha man, mentres que san Cástor de Coblenza leva na man unha maqueta. A súa festa celébrase o 28 de decembro.