Castril
Castril
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na cabeceira do río Castril, accidentado pola serra de Segura (3.067 h [1996]). A agricultura (cereais e oliveiras) e a gandería son as principais actividades económicas, complementadas cunha pequena industria téxtil. No termo municipal localízanse uns fornos de vidro explotados dende o s XVII e as ruínas dun antigo castelo árabe.