Castrillo de los Polvazares

Castrillo de los Polvazares

Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.