Castrillón
Castrillón
Municipio do Principado de Asturias, na costa central, drenado polo río Raíces (22.361 h [1996]). A capital é Piedras Blancas. A base económica é a industria e cómpre salientar, en Arnao e San Juan de Nieva, a transformación do cinc e os seus derivados, aínda que tamén é notoria a industria metalúrxica. A localidade coñécese como a das sete praias, pola riqueza de areais. No s X, formaba parte do Alfoz de Gozón, terras de reguengo e unha das máis poboadas de Asturias. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de San Martín de Laspra, do s XVIII, e o edificio residencial de La Casona, do s XIX.