Castro, O´
Publicación subtitulada “Revista de Administración Local” que edita, dende 1996, o Sindicato Independente do Concello de Vigo (SICO). Severino Domínguez dirixe este proxecto bilingüe no que tamén colaboran, entre outros, Bienvenido Fernández, Ramón Lete Lasa, José M. Bastos, Eugenio Costas e Enrique Guisande. As seccións varían segundo o número e a temática do mesmo, polo que aparecen apartados como “Educación”, “Sanidade”, “Camiños do Pasado”, “Policía Local”, “Administracións Públicas”, “Medio Ambiente”, “Medicina Natural”, “Atención Cidadá”, “Fauna Local”, “Memoria Cósmica”, “Breves” ou outros de actualidade como “Euro” e “Sendeirismo”. Está orientada cara aos funcionarios da administración e ten poucas colaboracións literarias. Na décima edición da revista renden homenaxe a Castelao no artigo “50 anos do pasamento de Castelao”.