Castro, Santiago de

Castro, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, só conserva o arco triunfal de medio punto e dobrado que se apoia na rosca menor sobre un par de columnas de fustes curtos e monolíticos con capiteis vexetais, aínda que na cara maior aparecen representacións de figuras. O capitel setentrional amosa un moucho cunha enorme lingua. Estes capiteis datáronse de finais do terceiro cuarto do s XII.