Castro Arines, José de

Castro Arines, José de

Xornalista, escritor e crítico de arte. Licenciado en Filosofía e Letras e en Xornalismo, foi redactor e crítico de arte nos xornais El Alcázar e Informaciones, e na revista Arte y Letras. Entre as súas obras destacan as monografías Goya (1962), Victoria de la Fuente (1962), Luis Seoane (1963) e Alfonso Costa: conversación sobre vocación, pintura y manierismo (1986), e os estudios El arte abstracto (1962), Anuario del arte español (1973), O libro das galerías galegas (1975) e Cerámica, fuego, magia (1974). Con Adolfo González Amézquete e Bernardo Ynzenga escribiu Arquitectura española en el extranjero (1962). Membro numerario da Asociación Internacional de Críticos de Arte, foi un dos fundadores da Asociación Española de Críticos de Arte e formou parte da Comisión de Artes Plásticas da Dirección General de Bellas Artes. Recibiu o Premio da Crítica do Colegio de Arquitectos de Madrid (1959), o Premio Nacional de Literatura (1962) e o Premio de Teatro del Ateneo de Madrid.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tui