Castro Cerdeda, Marisa
Bióloga. Profesora titular de bioloxía vexetal na facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, dedicouse principalmente á investigación e á divulgación dos fungos e plantas de Galicia. Destacan, entre os seus artigos científicos, “Nueva especie del género Amanita: A. porrinensis” (1987) e “Gyroporus ammophilus, a new poisonous bolete from the Iberian Peninsula” (Gyroporus ammophilus, unha nova especie de fungo velenoso da Península Ibérica, 1995). Participou como investigadora na obra colectiva Flora Micológica Ibérica, e participou no comité científico do Boletín de la Sociedad Micológica de Madrid (1992-1997) e da revista Mikes a partir do 1998. Publicou tamén numerosas guías de campo como a Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia (1982), a Guía das árbores de Galicia (1989), a Guía das setas ou cogumelos de Galicia (1990) e a Guía de las setas más comunes de Galicia (1994). Presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo