Castro de Carballido, Pedro de
Médico e educador. Licenciouse en Medicina e exerceu a súa profesión en Galicia e Bergara (Gipuzkoa), onde ensinou a falar e a entender a un xordomudo. Discípulo de Ramírez de Carrión, trasladouse a Francia, onde tamén exerceu como médico, e posteriormente a Italia. Neste país introduciu o procedemento de ensinar aos xordomudos a expresarse, explicou os métodos de Pedro Ponce de León, Juan Pablo Bonet e Ramírez de Carrión, e traballou na demostración de que as ondas sonoras se transmiten aos xordomudos por conduto auditivo. Foi instrutor do fillo do príncipe Tomé de Savoia e médico persoal do duque de Mantua. Entre as súas obras destacan Petri a Castro Bayonatin febris maligna punticulares, aphosiomis delineata (1650), Bibliotheca Medici Eruditi (1654), Pestis Neapolitano Romana et Gemunses annorum 1656 y 1657, fidela narratione delinest et comentaris ilustratu (1657), Imber aureus seu chilias aphorisma rum ex libris epidemisis. Hipocrates et Francisco Vallisesit comentarius extractus Ulm (1657) e Tratado de Calestro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Baiona -
Deceso
Lugar : Venecia