Castro-Urdiales

Castro-Urdiales

Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, drenado polos ríos Brazomar e Mioño (15.167 h [1996]). A súa economía baséase no porto pesqueiro, que orixinou diversas actividades industriais (pequenas fábricas de conservas e salgadura, materiais de construción e química). A gandería e a agricultura son de tipo intensivo e practícanse nas ladeiras dos vales. Situado na fronteira cántabra con Bizkaia, nos últimos anos do s XX converteuse nun lugar de veraneo moi concorrido pola poboación da área metropolitana de Bilbao. É a antiga Flaviobriga romana. Cobrou importancia polo seu comercio de la e millo. Os franceses arrasárono en 1813. Conserva a igrexa gótica de Santa María do s XV con porta románica e unha torre templaria do s XIII.