Castromao
Castromao
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo homónimo. Como nome de lugar remite ao latín castru malu ‘castro malo’. A súa denominación está motivada pola consideración negativa que se tivo deste castro debido a que non estaba ben dotado para albergar a súa poboación ou porque presentaba malas condicións defensivas. Documéntase no s XV: “Juan de Castromaao” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, I, 1967, p 162).