Catalán Tobia, Santiago
Arquitecto. Formado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenvolve unha arquitectura marcada polas composicións sinxelas, os volumes claros e as liñas horizontais. Realizou, entre outras obras, as vivendas de protección oficial de Lugo (1995), o pavillón de Navia de Suarna (1996), a Biblioteca Intercentros e os servicios centrais do campus de Lugo (1998), e o polideportivo de Noia (2000). Rehabilitou a igrexa de San Eufrasio (O Incio, 1996), a Praza de Abastos de Lugo (1997) e as Cocheiras do Pazo de Castrelos (Vigo, 2000), ampliación do Museo Municipal Quiñones de León. Recibiu diversas mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987, 1990 e 1992) e, como debuxante, unha mención no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid