catalepsia
catalepsia
(< lat catalepsis < grκατάληψις ‘acción de coller’)
s
f
[PAT]
Trastorno psicomotor que afecta ao ton muscular e á iniciativa motriz. Consiste nunha hipertonía ríxida acompañada da incapacidade de movementos espontáneos e do mantemento das posturas impostas. Preséntase nalgúns enfermos esquizofrénicos e en histéricos, pero tamén pode ser provocada por hipnose.