Catanzaro
Catanzaro
Capital da provincia homónima e de Calabria, Italia, ao L do istmo de Squillace (96.975 h [1998]). Na industria destaca o sector químico. É un importante centro comercial, principalmente de viño, queixos e aceites. Fundada no s IX polos bizantinos, invadírona os sarracenos, normandos e anxevinos. Na época dos Borbóns entrou nunha decadencia que non superou ata o s XVIII. Tivo un papel moi importante durante as guerras napoleónicas e no Risorgimento.