catapulta

catapulta

(< lat catapulta)

  1. s f [BÉL]

    Antiga máquina de guerra empregada para lanzar todo tipo de proxectís, habitualmente pedras e obxectos incendiarios. Estaba formada por un marco ou armazón horizontal que soportaba un brazo lanzador, cunha especie de culler no extremo para colocar os proxectís. A forza de lanzamento obtíñase normalmente mediante a torsión dunha ou de varias cordas, ou pola deformación do arco. Ao liberar de súpeto a enerxía acumulada, o brazo lanzador levantábase bruscamente e lanzaba o proxectil. Había dous tipos de catapultas: as fixas, para as fortalezas e para a defensa das fortificacións, e as móbiles, máis lixeiras, empregadas nos campos de batalla. Foi empregada polos gregos despois da Guerra do Peloponeso e o seu uso chegou ata a Idade Media.

  2. s f [TECNOL]

    Dispositivo empregado para facilitar o despegue dos avións que van a bordo dun portaavións. Consiste nunha estrutura de 20 a 40 cm de lonxitude na que se move un pequeno carro, ao que vai fixado o avión, e que se acciona por medio de mecanismos pneumáticos, hidráulicos ou doutro tipo.

Palabras veciñas

cataplasma | cataplexía | cataplún | catapulta | catapultar | 1 catar | 2 catar