cataplasma
cataplasma
(< lat cataplasma < grκατάπλασμα)
-
s
f
[MED]
Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal. Pode reter gran cantidade de calor húmida e ten acción emoliente, calmante e antifloxística.
Ex: Puxéronlle varias cataplasmas no peito para que respirase mellor.
-
s
f
Persoa feble e de saúde delicada.
Ex: Este inverno está feito unha cataplasma, colle todas as gripes.
-
s
f
Persoa que resulta aburrida e molesta.
Ex: Vaia cataplasma! Sempre soltando o rollo da operación.