Catania
Catania
Provincia de Sicilia, Italia, cun relevo dominado polo macizo volcánico do Etna (3.552 km2; 1.097.371 h [1998]). A súa capital é Catania. A gran fertilidade das súas terras favorece unha importante produción de viño, aceites e froitas. A industria está relacionada co gando lanar, vacún e caprino. Tamén se aproveitan os seus recursos mineiros, principalmente o xofre.