Cátedra
Cátedra
Publicación anual que naceu en Pontedeume en 1994 co subtítulo de “Revista Eumesa de Estudios”. Os membros do consello de redacción eran Alexandre Caínzos, Carlos de Castro, Francisco Correa e Sindo Vilariño. Tenta informar con obxectividade sobre o coñecemento da historia da vila de Pontedeume. A estrutura interna comprende unha serie de artigos de carácter cultural, centrados no ámbito xeográfico vertebrado polo río Eume, cunha serie de ilustracións que lle serven de apoio ao artigo. O primeiro número incluíu un poema de Isabel de Castro y Andrade, a primeira poetisa renacentista.