cativerio

cativerio

(< cativo)

  1. s m
    1. Estado que padece unha persoa ou animal que carece de liberdade.

      Ex: O seu cativerio provocoulle trastornos psicolóxicos. No zoolóxico os animais salvaxes viven en cativerio.

      Sinónimos: catividade.
    2. Tempo que dura a privación de liberdade.

      Ex: O seu cativerio durou tres anos.

  2. s m

    Lugar no que está presa unha persoa.

    Ex: Tivérona nun cativerio que medía menos dun metro.

    Confrontacións: cárcere, prisión.
  3. s m

    Desenvolmento incompleto ou inadecuado dun organismo.

    Ex: Tivo cativerio pola fame que pasou de pequeno.

  4. s m

    Decaemento físico que se produce na persoa que pasa dunha situación acomodada a unha miserable.

    Ex: Sofre cativerio desde que perdeu todo no xogo.

  5. s m

    Quistes que se producen no lombo das vacas ao seren picadas polos tabáns.

    Ex: Tórnalle os tabáns as vacas para que non lle saian cativerios.

Frases feitas

  • Botar fóra o cativerio. Recuperarse fisicamente, logo dunha enfermidade.

  • Entrar o cativerio en algúen. Empeoramento progresivo do aspecto físico que sofre unha persoa.

Palabras veciñas

cativador -ra | cativar | cativeiro -ra | cativerio | cativeza | catividade | cativo -va