cativerio
(< cativo)
-
s
m
-
Estado que padece unha persoa ou animal que carece de liberdade.
Ex: O seu cativerio provocoulle trastornos psicolóxicos. No zoolóxico os animais salvaxes viven en cativerio.
Sinónimos: catividade. -
Tempo que dura a privación de liberdade.
Ex: O seu cativerio durou tres anos.
-
-
s
m
Lugar no que está presa unha persoa.
Ex: Tivérona nun cativerio que medía menos dun metro.
Confrontacións: cárcere, prisión. -
s
m
Desenvolmento incompleto ou inadecuado dun organismo.
Ex: Tivo cativerio pola fame que pasou de pequeno.
-
s
m
Decaemento físico que se produce na persoa que pasa dunha situación acomodada a unha miserable.
Ex: Sofre cativerio desde que perdeu todo no xogo.
-
s
m
Quistes que se producen no lombo das vacas ao seren picadas polos tabáns.
Ex: Tórnalle os tabáns as vacas para que non lle saian cativerios.
Frases feitas
-
Botar fóra o cativerio. Recuperarse fisicamente, logo dunha enfermidade.
-
Entrar o cativerio en algúen. Empeoramento progresivo do aspecto físico que sofre unha persoa.