cativo -va

cativo -va

(< lat captīvu ‘prisioneiro’)

    1. adx

      Que está privado da liberdade.

    2. s [HIST]

      Persoa aprisionada nun conflito. O cativo foi unha das orixes do escravo. Este foi o caso, durante o Imperio Romano, dos eslavos capturados nas loitas do leste da Xermania. A partir do s VIII, co desenvolvemento dos conflitos entre cristiáns e musulmáns, así como por mor do incremento da actividade comercial no Mediterráneo, estendeuse o costume de facer cativos. O feito provocou que, entre os piratas e os corsarios, se producira un tráfico de rescates e intercambios de prisioneiros.

      Confrontacións: refén.
  1. adx

    Que ten pouca calidade.

    Ex: Realizou un traballo cativo.

    Sinónimos: ruín.
  2. adx

    De pouco tamaño ou estatura.

    Ex: Ten un corpo cativo para os seus anos.

  3. adx

    Cheo de mesquindade e ruindade nas súas accións.

    Ex: Todo o mundo sabe das súas accións cativas.

    Sinónimos: ruín.
  4. adx

    Que resulta contrario e desfavorable.

    Ex: Coa sorte tan cativa que ten vai de desgracia en desgracia.

  5. adx

    Que é escaso e de cantidade reducida.

    Ex: O almorzo foi cativo e agora hai fame á hora de xantar.

  6. adx

    Que está baixo a influencia de algo ou alguén dunha maneira irresistible.

    Ex: Quedou cativo dos seus ollos.

  7. s

    Rapaz que non chegou á adolescencia.

    Ex: Casou hai pouco e xa ten tres cativos.

Frases feitas

  • Andar un pouco cativo. Estar algo mal de saúde.

  • Mal cativo. Enfermidade da sífilis.

Palabras veciñas

cativerio | cativeza | catividade | cativo -va | Catlett, Sidney | Catlin, George | cato